O TEATRO PROTAGONISTA DUNHA NOVA FIN DE SEMANA NA GUARDA
As representacións son no Salón de Actos do Centro Cultural.
O Concello da Guarda e o sinfín de agrupacións e asociacións desta vila, apostan por un verano cheo de actividades no que, tanto os veciños e veciñas da localidade, coma os múltiples visitantes que pasen a súas vacacións nela, poidan entreterse e pasar un bo rato.
Seguindo esta liña, o grupo de teatro guardés “Vamola Andando”, coa colaboración do Concello, presentan a obra “Homes”.
Protagonizada por cinco mulleres, esta representación fará rir a gargalladas a todo o público presente nas súas funcións.
As citas son no salón de actos do Centro Cultural o venres día 17 ás 22 horas e o domingo, día 19, ás 21 horas.
A entrada é totalmente gratuíta.