O Torneo Transfronteirizo do Minho converte á Guarda na capital do balonmán este venres
Este mércores 30 presentouse de xeito oficial o I Torneo Internacional Transfronteirizo do Minho. Entre os asistentes estiveron Roberto Carrero, deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra e alcalde da Guarda; Ignacio Permuy e Fernando Mosquera, vicepresidentes da Federación Galega de Balonmán; Celso Rodríguez, Concelleiro de Deportes, e Isidro Lomba, Concelleiro de Infraestruturas, ambos do Concello de A Guarda; tamén varios dos directivos e directivas da Federación Galega de Balonmán.
Tanto Ignacio Permuy coma Roberto Carrero resaltaron a importancia deste torneo e do impulso da colaboración con Portugal para o balonmán galego. Ademais, o alcalde da Gaurda resaltou a immportancia de seguir apoiando o deporte en Galicia e fomentar as relacións, tamén neste ámbito, cos nosos veciños de Portugal.
O acto tamén contou coa intervención de Ismael Martínez e Luis Montes, directores técnicos das seleccións galegas, os cales expresaron a súa satisfacción por esta iniciativa e pola oportunidade de contribuír ao desenvolvemento do balonmán de base en Galicia.
Ademais, moitas xogadores e xogadores, así como os seus familiares acudiron ao Centro Cultural. Isto débese a orixe guardesa dalgunhas participantes. O propio Mecalia Atlético Guardés estára participando co seu equipo de cadetes ás 17:00 horas contra Porto sub16 feminino no pavillón do Rosal.
Mais a representación guardesa tamén tinta as bases das seleccións con galegas con : Ángela Martínez e Daniela Álvarez (infantil feminina), Julia Lomba (cadete feminina) e Carmen Magallanes (xuvenil feminina). Daniela Álvarez comentaba ao rematar ao encontro “o gran orgullo que é usar a camiseta da Selección galega”. A súa nai, Lidia Lomba, manifestaba o sentir dos familiares das xogadoras, xa que “é algo moi bonito e especial, digno de vivir”, aínda que sexa “sacrificado poloas adestramentos e desprazamentos longos”.
O presidente do Mecalia Atlético Guardés, Jesús López, sabe da importancia deste torneo para as xogadoras “teñan a posibilidade de ir ao Campionato de España (3 ao 8 de xaneiro) e que reprensenten a Galicia, a España e ao noso club”.
A actividade no pavillón guardés comezará ás 11.00 horas, cun primeiro partido entre a Selección Galega infantil feminina e a Associação de Andebol do Porto sub14 feminina. Tódolos encontros celebrados este venres na Sangriña serán entre as preseleccións autonómicas de base masculinas e femininas e diferentes categorías deste equipo portugués, xunto cun derradeiro partido ás 19.30 horas entre a Selección Galega xuvenil masculina e o Grupo Desportivo e Cultural Azurara.
A xornada finalizará coas entregas de premios dos encontros celebrados en cadanseu pavillón, a partir das 19.00 horas:
Entregas de premios | ||
19.00 horas | Infantil Masculina
Infantil Feminina Cadete Feminina Cadete Masculina Sub14 Sub16 |
A Sangriña |
20.45 horas | Xuvenil Masculina
GDC Azurara |