(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • O turismo na Guarda crece un 25 % e un 42% o número de peregrinos respecto ao 2023

    O turismo na Guarda crece un 25 % e un 42% o número de peregrinos respecto ao 2023

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo, | Novas Destacadas
    • Date 13 Xaneiro, 2025

    O Concello da Guarda constata un aumento do 42 % e 25 % no número de peregrinos e turistas, respectivamente, durante o ano 2024 respecto ao ano 2023.

    O ano 2024 pechouse como o ano de maior crecemento e afluencia turística da Guarda desde que existen rexistros. A aposta firme polo turismo que o goberno presidido por Carrero levou a cabo está a dar os seus froitos e A Guarda é destino turístico de éxito.

    As cifras non albergan dúbidas e, o número de visitantes e turistas que visitaron A Guarda durante o ano 2024 aumentou un significativo 25 % respecto ao ano 2023. Así mesmo, o número de peregrinos a Santiago que atravesaron a Guarda polo Camiño de Portugués pola Costa aumentou un 42 % respecto ao ano 2023 chegando aos 74.758 peregrinos. É dicir, un 15% dos peregrinos que chegan a Santiago de Compostela fixérono a través do itinerario guardés.

    Este aumento significativo, segundo o goberno municipal, débese á aposta firme que o alcalde, Roberto Carrero, realizou polo turismo e que se concretou, entre outras accións, en múltiples actividades e accións como foron o lecer para mocidade e familias, servizos dinamizadores como o tren turístico, publicidade e márketing en diversos medios nacionais e internacionais, promocións de festas significativas como a lagosta ou a tradicional Romaría do Monte Tecla, reunións con operadores turísticos, concertos, sesións vermut, actividades e eventos deportivos, apoio a festas patronais, visitas guiadas, navegación en Piueiro etc.

    A Guarda consolídase como destino turístico máis aló do seu impoñente Castro de Santa Trega e grazas ás múltiples posibilidades turísticas do municipio: Museo do Mar, Porto, praias, cetáreas, roteiros indianos ou Castelo de Santa Cruz que, ata a data, non estaban potenciadas o suficiente polos gobernos municipais ou non se acompañaban de accións dinamizadoras.

    Os datos que a Concellería de Turismo manexa, como son os da Oficina de Turismo e albergue municipal, Oficina do Peregrino de Compostela, entrevistas con hostaleiros e restauración, apuntamentos e referencias de visitas nas principais festas da vila etc., lanzan unhas cifras en claro aumento desde que o goberno presidido por Carrero elixiu o turismo como buque insignia do seu goberno neste primeiro mandato. Preto de 6.000 persoas foron atendidas na Oficina de Turismo de maio a setembro pola informadora turística, contratada ao abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra para persoal de atención e información nas Oficina de Turismo da Rede Info Rías Baixas.

    Este fluxo continuo de visitantes, resultado do labor e iniciativas do goberno actual presidido polo alcalde Roberto Carrero, provocou un aumento significativo dun 52% na concesión de licenzas para establecementos comerciais, de restauración, hostalería, etc. desde o ano 2022 ao ano 2024.

    En palabras do alcalde, Roberto Carrero: “O turismo é, actualmente, un dos principais motores económicos da Guarda e debemos seguir apostando por el. E isto a pesar de quen lle pese ou ás críticas sen sentido protagonizadas por algúns grupos políticos á mantenta das actividades ou promocións turísticas desenvolvidas desde o Concello. Estamos encantados que veñan visitantes e turistas ao noso pobo e compartan a nosa gastronomía, desfrutar das nosas praias e costa, do noso paisaxes ou da nosa forma de ser. E se iso se traduce en rendemento económico para A Guarda moito mellor. Evidentemente, o paso seguinte será consolidar A Guarda como destino turístico e achegar un plus de calidade ao noso produto turístico, pero anuncio que xa estamos a traballar niso”.

    Tras un ano récord, A Guarda arranca este 2025 con boas expectativas e con moito traballo para manter e consolidar estas cifras.

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Final dun Nadal cheo de actividades infantís na Guarda
    13 Xaneiro, 2025

    Seguinte nova

    Abertas as inscricións para o programa ‘Cultiva a mente’
    14 Xaneiro, 2025

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 Xuño, 2025
    • A foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda
      19 Xuño, 2025
    • Música e espectáculos para desfrutar a Festa da Langosta en familia
      18 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web