(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Os nenos e nenas da Guarda contarán dende este luns con actividades infantís

    Os nenos e nenas da Guarda contarán dende este luns con actividades infantís

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 20 Decembro, 2019

    O vindeiro luns día 23 de decembro arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/20, debido ás previsións meteorolóxicas, as accións programadas mudan de emprazamento, realizándose nos baixos da Casa dos Alonso.

    Ludoteca de Nadal

    Unha das primeiras actividades programadas é a Ludoteca de Nadal, un espazo concibido para que os máis pequenos teñan actividades de lecer con xogos mentres os pais e nais realizan as súas compras de Nadal no casco urbano da vila. Estas actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media. Non é preciso realizar unha inscrición previa, posto que haberá unha folla de rexistro ao comezo, onde as familias poderán inscribir aos seus fillos e fillas e encher as autorizacións correspondentes, onde se lles informará tamén a hora de recollida dos nenos e nenas.

    A Ludoteca realizarase na Casa dos Alonso e estará organizada por espazos de diferentes actividades con manualidades plásticas, puzzles e xogos de mesa, xogos simbólicos, biblioteca e pintacaras.

    Contarase con dúas monitoras profesionais que estarán a cargo dos menores para velar polo seu benestar e ter un ocio educativo e controlado.

    Horarios Ludoteca de Nadal:

    • Luns 23: de 16:30h a 19:30h

    • Martes 24: de 10:00h a 13:00h

    • Luns 30: de 16:30h a 19:30h

    • Martes 31: de 10:00h a 13:00h

     

    Xogos e obradoiros infantís

    O Xoves 26 de decembro a Praza do Monterreal* acolle unha tarde de xogo de mesa con Brazolinda, unha actividade infantil que terá lugar a partires das 16:30h e na que os máis pequenos da casa poderán gozar e pasar un excelente momento cos orixinais e divertidos xogos de mesa que estarán á súa disposición. Estes xogos están pensados para potenciar diferentes capacidades nos nenos e nenas, como a de observación, razoamento ou comunicación; e todo a través da resolución de adiviñas, o debuxo, as matemáticas …

    O xoves día 2 de xaneiro terá lugar na Praza do Monterreal* en horario de 16:30h a 19:30h un Obradoiro de Nadal para nenos e nenas coa participación dos pais e nais e que consistirá en dúas actividades paralelas, por unha banda os nenos e nenas poderán realizar un adorno para o arbolito de nadal, e por outra banda poderán realizar un marcapáxinas de nadal para libros. Disporán de todo o material preciso para estas tarefas e non é necesaria inscrición previa. Tamén se contará con pintacaras nesta xornada.

    *En caso de choiva estas actividades trasladaranse á Casa dos Alonso.

    Espectáculos Infantís

    O venres 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle o espectáculo de clown infantil «Cartoons», unha actividade na cal Josito e Víctor interpretan a dous personaxes no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

    Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as súas habelencias na área da maxia.

    O venres día 3 de Xaneiro ás 17:30h a Praza do Reló* será o escenario de «Nadal con Paio e Aurelio», un espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

    *En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.

    Tag:A Guarda, Actividades, infantis, ludoteca de nadal, Nadal, nadal na guarda, Obradoiros, xogos de mesa

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Continúa a programación de Nadal na Guarda
    20 Decembro, 2019

    Seguinte nova

    Este xoves chega á Guarda a derradeira Barferencia do ano sobre Juan Bautista Alonso
    23 Decembro, 2019

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
      7 Xaneiro, 2026
    • Os Reis Magos visitan A Guarda o próximo luns 5
      2 Xaneiro, 2026
    • O espectáculo Moby Dick arranca a actividade cultural guardesa do 2026
      30 Decembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web