(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Novas tecnoloxías

    • Inicio
    • Novas tecnoloxías
    • Os Praceiros e praceiras da Guarda fórmanse en redes sociais

    Os Praceiros e praceiras da Guarda fórmanse en redes sociais

    • Publicado por prensa
    • Categorías Novas tecnoloxías
    • Date 20 Xuño, 2018

    O pasado martes día 19 de xuño de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, asistiron á Clausura do curso de formación en redes sociais, adicado aos praceiros e praceiras do Mercado da Guarda.

    Este curso de formación en novas tecnoloxías e redes sociais, realizouse en Informática San Benito na Guarda dende o pasado 29 de maio, contando coa asistencia da práctica maioría dos praceiros e praceiras do municipio.

    Nesta actividade formativa realizada en clases de carácter semanal e de dúas horas de duración aprenderon a traballar coas redes sociais, tratamento de imaxes, configuración de perfís sociais, interactuando a través do perfil en Facebook “Mercado de A Guarda”.

    Para o alcalde da Guarda o cambio na sociedade actual esixe unha adaptación por parte dos empresarios locais para a comercialización dos seus produtos e realizar novas captacións de clientes empregando as novas tecnoloxías e as redes sociais para abarcar novos mercados.

    Antonio Lomba clarexou que depende dos propios praceiros e praceiras que esta adaptación ao novo concepto social sexa susceptible de proseguer, de cara a poder competir e ofertar produtos, fidelizando clientes, cun trato persoal, de proximidade e cun produto ben diferenciado, “O Mercado da Guarda ten futuro, hai un traballo extra que facer, pero os beneficios serán moi positivos xa que é un dos elementos dinamizadores da economía da Guarda”.

    Pola súa banda Montserrat Magallanes, Concelleira de Comercio, destacou que dende fai tempo traballase na mellora do comercio e do turismo da vila, con actuacións que moitas veces non corresponden á administración, pero que “somos conscientes que este tipo de actividades son necesarias e dende o consistorio local aportamos o noso gran de area para que así sexa”. Indicou tamén que ante o novo momento de cambio da sociedade, do hábitos de consumo, todos os sectores deben adaptarse a realidade coas técnicas e campañas de promoción axeitadas.

    Aproveitou tamén a ocasión para informar aos praceiros e praceiras que o Novo Regulamento da Praza de Abastos xa está preparado e será entregado nos vindeiros días a cada un dos comerciantes.

    Tag:A Guarda, Formación, mercado da guarda, novas tecnoloxías, redes sociais

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Novos cursos de informática de balde na Aula CeMIT da Guarda
    20 Xuño, 2018

    Seguinte nova

    Festival de fin de curso do Conservatorio de Música da Guarda
    20 Xuño, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda ofrece unha ducia de cursos para a formación de desempregados
      10 Abril, 2025
    • Esta Semana Santa A Guarda terá un Campamento Dixital para a rapazada
      14 Marzo, 2025
    • O Concello da Guarda fórmase en protección de datos
      11 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web