Os Reis Magos visitaron a Residencia Monte Santa Tecla
O pasado mércores 4 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar a Residencia para a Terceira Idade Monte Santa Tecla no día anterior á Cabalgata de Reis.

Cara ás 17’30 horas as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, acudiron á residencia para levar uns agasallos e para visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.
Ademais, a tarde estivo amenizada polo Coro Fuscalheiro e a Charanga os Zanfonos, que acompañaron aos Reis Magos durante a súa visita e animaron a tódolos presentes a unirse a Melchor, Gaspar e Baltasar bailando e desfrutando da música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.