Papá Noel fará unha parada na Guarda este sábado
A Guarda recibe este sábado unha visita moi especial: Papá Noel. O invitado estrela estará na praza de Avelino Vicente dese as 11:00 horas da mañá ata as 13: 00 horas.
Ademais, non virá só, estará acompañado dos elfos e incluso, do Grinch. E para rematar a súa visita, o grupo guardés SonGodin’s amenizará o resto da mañá coas súas versións acústicas dos anos 70, 80 e 90.