Presentación de solicitudes para a reserva de prazas na Escola Municipal Infantil
O departamento de servizos sociais do Concello da Guarda informa, que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS para o curso 2016/2017.
O departamento de servizos sociais do Concello da Guarda informa, que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS para o curso 2016/2017. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
– nenos/as matriculados e con praza no curso 20015/2016 na primeira quincena de maio
– nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio.
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 13.00 h.
A Guarda, 27 de abril 2016
A Concelleira
Mª Teresa Vicente Baz