Preto de 300 cativos gozan de «Los Pitufos» nas sesións de cinema escolar
Nas mañás dos días 28 e 29 de maio, un total de 292 alumnas e alumnos de 3º a 6º de primaria da Sangriña, San Xerome Emiliani, M.R. Sinde, HH Carmelitas e PP Somascos acudiron ao Centro Cultural para gozar da película «Os Pitufos».
Esta actividade, organizada polos Concello da Guarda, pretende aproximar a cultura aos máis cativos dentro da programación escolar, cunha oferta de cinema accesible a todas e todos eles e adaptada á súa idade.
A iniciativa, que xurdiu a proposta dos centros educativos, realizase na Guarda dende o curso 2016-2017. «Los Pitufos» pon fin a programación de cinema do actual curso escolar, que comezou no segundo trimestre coa proxección do filme de animación «Up» para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º curso de primaria.