(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • Programación de actividades do concello da Guarda con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero 2021 (25N)

    Programación de actividades do concello da Guarda con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero 2021 (25N)

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller, Servizos sociais
    • Date 15 Novembro, 2021

    O concello da Guarda súmase ao Día Internacional contra a violencia de xénero cunha programación de actividades que arrancan o 25 de novembro e que inclúe accións cos centro educativos da vila, espectáculos musicais, contacontos, charlas, teatro, entre outras.

    O xoves , 25 de novembro ás 20:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo O ben querer(se), por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Actividade financiada polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

    O sábado, 27 de novembro o Centro Cultural acolle varias actividades a cargo de Cris de Caldas:
    • Ás 17:00h contos en familia “A Igualdade como fío condutor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para crianzas de 1 a 5 anos. Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
    • Ás 18:30h arranca “Contos en lila”,dirixido a público familiar con contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
    • Ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto, onde se fará un percorrido pola vida de mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas e saltar moitos dos obstáculos impostos.
    Actividades financiadas polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia

    A inscrición para acudir a estes espectáculos pode facerse a través da plataforma www.eventbrite.es ou por vía telefónica no 986614648 ou presencialmente no Centro Cultural da Guarda en horario de 17:00 a 20:00h.
    do 25 e 27 están Esta programación complétase coas seguintes accións :

    • Colocación da Pancarta no Concello por parte da Corporación Municipal como símbolo de repulsa ante calquera manifestación da Violencia de Xénero
    • Impartición de charlas de prevención da Violencia de Xénero, dirixida aos escolares da Guarda e do Rosal por parte da Directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda
    • Entrega de exemplares do Cómic “ Amelia. Historia dunha loita” para a biblioteca dos centros de secundaria do Concello da Guarda
    • Colocación dun valado co deseño realizado polo alumnado de Plástica do IES A Sangriña como medida de concienciación entre a poboación máis nova
    • Representación do espectáculo teatral pedagóxico Golpes,con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e tenta concienciar á mocidade na súa prevención, dirixido ao alumnado de 4º da ESO dos centros educativos da Guarda. Actividade financiada polo Pacto de Estado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
    • Colaboración co IES a Sangriña na impartición dun obradoiro de novas masculinidades que se levará a cabo durante este curso escolar dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato

    Tag:25N, A Guarda, Actividades, CIM, igualdade, muller!, programación, Violencia de Xénero

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O concello da Guarda condena os actos de vandalismo acaecidos nos últimos días dentro do conflito laboral na fábrica de IKF
    15 Novembro, 2021

    Seguinte nova

    Continua a programación de Outono 2021 coa innovadora proposta teatral Illas Desertas, da compañía Artesa&Cía
    15 Novembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o martes unha convocatoria extraordinaria
      4 Decembro, 2025
    • A Guarda ofrece uns faladoiros sobre a muller e a súa saúde
      3 Decembro, 2025
    • Continúa a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
      2 Decembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web