Proposta de obradoiros e xogos en familia na Guarda
A OMIX do Concello da Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.
O día 24 de xullo realizarase “Xogos e movemento”, unha acción destinada a xogar ao aire libre, realizando xogos por equipos, xogos populares, xogos de ioga etc. Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: Grupo de 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h, neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30h a 17:30h, neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.
O día 31 de xullo, terá lugar o “Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto”, nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h coa participación dunha persoa adulta e no caso de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30h a 17:30h.
Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande e para o grupo de maiores unha agulla de la.
Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es
Tag:A Guarda, Actividades, mocidade, Obradoiros, OMIX, verán 2020, Xuventude