(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial o 13 de setembro na Guarda

    Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial o 13 de setembro na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller
    • Date 4 Setembro, 2019

    O vindeiro venres día 13 de setembro o Centro Cultural da Guarda acollerá un Relatorio sobre Violencia Sexual Comercial a cargo de Amelia Tiganus e no que colabora o CIM(Centro de Información á Muller) da Guarda .

    O acto, que terá lugar ás 20:00h, tratará sobre os Avances e retos de futuro na loita contra a trata e explotación sexual de mulleres e nenas. En tempos de globalización e neoliberalismo, a explotación da sexualidade feminina convertiuse nunha industria, unha das máis puxantes a nivel mundial. A cuarta onda do feminismo ten no centro da súa axenda a violencia sexual incluíndo dentro da mesma a prostitución e a pornografía.

    Tendo ese marco presente, no relatorio, Amelia Tiganus combinará a teoría feminista e o marco legal, cunha análise crítica desde a experiencia vivida e sentida. Desgranará os intereses xeopolíticos que hai ao redor de legalizar a Trata con Fins de Explotación Sexual en España, deixando ao descuberto todos os actores do Sistema Prostitucional, e analizará o papel da demanda no mantemento da explotación sexual de mulleres e nenas

    Os obxectivos deste relatorio son (re)pensar sobre a implicación e tolerancia social que existe ao redor da mercantilización do corpo das mulleres e nenas e as graves consecuencias que supoñen sobre a saúde física e psicolóxica das mesmas, así como identificar e incluír nos debates aos demais actores que inflúen e pechan o círculo desta realidade. E, como parte adxacente a isto, analizar a importancia da coeducación e dos valores transmitidos a través da ensinanza e dos modelos familiares, culturais, sociais e políticos. Contaremos co relato de quen convertiu a loita feminista no sentido da súa vida despois de ter sido vítima de trata e explotada sexualmente durante cinco años nos prostíbulos españoles. Coraxe, empoderamento, resiliencia e militancia feminista: claves para converterse en suxeito político.

    “Son unha privilexiada por moitas razóns pero principalmente por poder pensar. Pensar paréceme un acto de rebeldía. Algo tan humano como iso foime arrebatado -como a moitas mulleres- a través da violencia simbólica, a violencia psicolóxica, a violencia física, a violencia económica, a violencia sexual, a violencia institucional, a violencia sociocultural… As putas somos atravesadas por todas as violencias. Puiden despertar de aquela sensación de estar morta en vida o día que descubrín que a miña historia non era algo persoal senon a historia de moitas mulleres; a historia de mulleres que o patriarcado pon a disposición dos homes de maneira pública. E empecei a pensar, a indagar, a encontrar respostas, a perder o medo e a vergonza e a sentirme na obriga ética de actuar. Porque eu puiden saír dese campo de concentración que é a prostitución pero millóns de mulleres siguen alí, sufrindo a pérda de identidade, a tortura física e psicolóxica, o medo, o descoñecemento, o silencio, a indiferencia, o esquecemento e o desamparo do Estado proxeneta e da sociedade cómplice.”

    Sobre Amelia

    Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español. Publicou varios artigos, de entre os que destaca ‘La revuelta de las putas’,e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

    Foi coordinadora en Feminicidio.net durante tres anos e recibiu varios premios e recoñecementos ao seu labor en pro dos dereitos humanos das mulleres e as nenas. Nos últimos tres anos impartiu máis de 150 relatorios, charlas e obradoiros por todo o territorio español e tamén en Arxentina e Alemaña.

    Das súas varias aparicións en televisión, destaca Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole. Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».

    Tag:A Guarda, amelia tiganus, relatorio, violencia sexual

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Programación de cursos para nenos e adultos na Aula CeMIT da Guarda ata fin de ano
    4 Setembro, 2019

    Seguinte nova

    Obradoiro de Cociña verde e superalimentos e xornada de Micoloxía na Guarda
    4 Setembro, 2019

    Tamén te poden gustar

    • Unha obra de teatro trae á Guarda unha historia de mulleres e emigración galega
      16 Maio, 2025
    • O comité de seguimento do Plan Vioxén reúnese na Guarda na busca de novas accións
      14 Maio, 2025
    • Os obradoiros “Mergullo para principiantes” leva a educación sexual á adolescencia guardesa
      13 Maio, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web