Resolución de adxudicación definitiva do contrato do servizo de prevención de riscos
CONSIDERANDO que mediante Resolución da Presidencia 38/2016, de 12 de novembro, aprobouse a apertura do procedemento de adxudicación do contrato dos servizos de prevención recollidos no artigo 31.3 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, nas especialidades preventivas de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada e Medicina do Traballo, e vixilancia médica da saúde no Padroado Municipal Monte Santa Trega, polo procedemento negociado sen publicidade.
CONSIDERANDO que ó órgano de contratación procedeu á apertura das ofertas presentadas que se sinalan a continuación:
PREMAP SEGURIDAD Y SALUD.-
PREZO.- 848,00 EUROS ANUAIS (IVE ENGADIDO)
MELLORAS: Dispoñer de centro médico na localidade.
SOCIEDAD DE PREVENCIÓN DE FRATERNIDAD MUPRESPA, S.L.U.-
PREZO.- 885,00 EUROS ANUAIS (IVE ENGADIDO)
MELLORAS.- Dispoñer de centro médico na localidade
CONSIDERANDO que con data 19 de decembro de 2016 se iniciou o proceso de negociación coas empresas licitadoras ofrecendo o resultado seguinte:
PREMAP SEGURIDAD Y SALUD.-
PREZO.- 848,00 EUROS ANUAIS (IVE ENGADIDO)
MELLORAS: Dispoñer de centro médico na localidade.
SOCIEDAD DE PREVENCIÓN DE FRATERNIDAD MUPRESPA, S.L.U.-
PREZO.- 885,00 EUROS ANUAIS (IVE ENGADIDO)
MELLORAS.- Dispoñer de centro médico na localidade
CONSIDERANDO que a oferta máis ventaxosa é a presentada por PREMAP SEGURIDAD Y SALUD, ofertando un prezo de 848,00 EUROS ANUAIS (IVE ENGADIDO), e a disposición dun centro médico na localidade;
REQUERIDO o licitador para a presentación do aval e certificados esixidos, este presenta toda a documentación o día 15 de marzo de 2017.
CONSIDERANDO que dito expediente foi informado e fiscalizado polos departamentos de Secretaría e Intervención.
En virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico vixente, e de acordo co disposto nos pregos que rexeron a presente contratación RESOLVO:
1.- Adxudicar a PREMAP SEGURIDAD Y SALUD o contrato dos servizos de prevención recollidos no artigo 31.3 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, nas especialidades preventivas de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada e Medicina do Traballo, e vixilancia médica da saúde no Padroado Municipal Monte Santa Trega nos seguintes termos:
IMPORTE DE ADXUDICACIÓN CON IVE: 848,00 euros anuais
DURACIÓN DO CONTRATO: 2 ANOS prorrogables .
MELLORAS: disposición de centro médico na Guarda
2.- Requerir ó adxudicatario, PREMAP SEGURIDAD Y SALUD para que proceda a formalización do contrato no prazo non superior a quince días hábiles a contar dende o seguinte ó da recepción do presente requerimento.
3. -Notificar a presente resolución ós interesados, ó departamento de Intervención, e proceder a súa publicación así como a da formalización no perfil do contratante municipal.