Roberto Rodríguez falará da “Talasonimia da costa da Guarda” na próxima Barferencia de Inverno
A cita é este xoves, 28 de xaneiro, no Bar Bergantín ás 20,30 horas. A charla que pechará este ciclo de conferencias será “15 pesetas por frete” o 26 de febreiro.
Este xoves, 28 de xaneiro, se celebrará a próxima Barferencia de Inverno que leva por título “Talasonimia da costa da Guarda”. Esta conferencia virá da man de Roberto Rodríguez, traballador do Museo do Mar guardés e coautor do libro “Talasonimia da costa sur de Galicia”.
Nesta cita Roberto Rodríguez falará e presentará esta interesante disciplina que estuda os nomes do mar e dos diferentes accidentes costeiros.
A cita é no Bar Bergantín ás 20,30 horas. Unha vez máis o Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da vila a participar nesta conferencia e coñecer algúns dos secretos da costa guardesa.
Última cita
Este ciclo de Barferencias de Inverno organizado polo Concello da Guarda coa colaboración de ANABAM porá o seu broche final o próximo 26 de febreiro.
Ese venres, Fani Alonso Tamayo falará do documental sobre o narcotráfico que se está a filmar en Camposancos “15 pesetas por frete”.
Neste caso a conferencia será no Bar Aquilino ás 20,30 horas.