(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    O instituto galego de consumo

    • Inicio
    • Servizos municipais
    • Consumo
    • O instituto galego de consumo
    A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de protección ao consumidor. Co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios galegos, creouse no ano 1994 o Instituto Galego de Consumo (IGC) como un organismo autónomo adscrito á Consellería de Innovación e Industria.

    O IGC está rexido por un Consello de Dirección no que están representadas as organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

    A efectos de verificar e facer cumprir a normativa reguladora e a protección dos dereitos dos consumidores e usuarios, o IGC realiza a inspección e control de calidade dos estabelecementos, bens e servizos existentes no mercado xa como consecuencia de reclamacións e denuncias dos consumidores, xa enmarcadas dentro de campañas programadas polo propio IGC. Desta actuación pódese derivar un expediente sancionador para corrixir as infraccións detectadas en materia de defensa dos consumidores e usuarios.

    Como consecuencia das investigacións levadas a cabo polo IGC logo dunha inspección ou unha denuncia, ás veces detéctanse produtos que poden constituír un risco para a saúde dos consumidores. Nestes casos, estes produtos introdúcense na “Rede de Alerta”, que constitúe un sistema de intercambio de información a nivel europeo e que ten como finalidade ter unha información fluída e permanentemente actualizada sobre os produtos perigosos que se detectan no mercado en todo o ámbito da UE. Noutras ocasións a actuación derivada dunha inspección de mercado é a adopción de medidas cautelares sobre un produto ou a declaración dun produto como inseguro.

    O IGC conta cun laboratorio de consumo propio, situado na Coruña, e que está acreditado por ENAC para realizar analíticas de fibras e produtos téxtiles e xoguetes. Outras liñas de actuación son o control e análise de cosméticos e produtos de hixiene, lixivias e produtos de limpeza, material de aparellos eléctricos e o pequeno electrodoméstico. Entre as súas funcións atópase a comprobación de marcado, etiquetaxe e análises físicas, químicas, eléctricas e mecánicas dos distintos produtos que se ofrecen no mercado. Con este fin realízanse analíticas das mostras obtidas nas campañas de inspección, reclamacións dos consumidores ou denuncias ante a Xunta Arbitral de Consumo. Tamén se realizan análises demandadas por particulares ou empresas con distinta finalidade.

    O Centro de Documentación e Información do Instituto Galego de Consumo está situado na Coruña e constitúe un servizo de apoio que ten como finalidade a recompilación e estudo das publicacións específicas en materia de consumo. No Centro de Documentación pódense realizar calquera tipo de consultas, e solicitar en réxime de préstamo o material bibliográfico dispoñíbel.

    O Instituto Galego de Consumo mantén unha política activa de fomento, apoio e asesoramento ás Organizacións de Consumidores e ás Oficinas Municipais de Información ao Consumidor “OMIC”, destinándolles cada ano unha parte dos seus orzamentos a través de axudas e subvencións para o seu funcionamento e para a realización de proxectos en materia de consumo. Actualmente está en marcha unha aplicación informática que conecta estas oficinas co Instituto Galego de Consumo, co fin de axilizar as reclamacións dos consumidores e usuarios. Por outro lado, a Escola Galega de Consumo inclúe cada ano dentro da súa planificación formativa unha ampla oferta de actividades e obradoiros dirixidos a estes organismos.

    O IGC colabora co Instituto Nacional de Consumo integrando, dentro da área de protección ao consumidor, a Xunta Arbitral de Consumo de Galicia. Este sistema, no que participan ademais do propio IGC, as organizacións de consumidores e as empresariais, constitúe unha vía rápida, eficaz e gratuíta de resolución de conflitos entre consumidores e empresarios. A solución adquire a forma de laudo arbitral que ten carácter executivo e vinculante, e evita outras instancias xudiciais.

    Por último hai que salientar que o IGC participa activamente en grupos de traballo, comisións técnicas e órganos de coordinación a nivel estatal do que o seu máximo expoñente é a Conferencia Sectorial de Consumo coa participación de todas as comunidades autónomas.

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web