Sesión de Contos Contados este sábado na Biblioteca Pública Municipal da Guarda
A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o verán e o remate do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado día 22 de xuño ás 11:30h da mañá.
Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor. Tanto cativos como maiores poderán desfrutar, aprender, e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares con Fran Campos, de Bandullo Azul, e a súa amiga Filipa.
Dende a Concellería de Cultura se convida novamente a participar nesta actividade na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, unha actividade que conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través de PonteGal.