SILVIA MÉNDEZ IMPARTE ESTE VENRES UNHA CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA GUARDA
A cita é no Centro Cultural ás 20 horas.
A bióloga, profesora, asesora nutricional, divulgadora científica, e a alma do blog “V de Vegetal”, Silvia Méndez Alonso, imparte este venres no Centro Cultural da Guarda unha charla sobre alimentación saudable.
Nesta cita, a profesional falará da importancia de levar unha dieta san e beneficiosa para o organismo xa que, como asegura Méndez, a alimentación é un piar básico na vida de toda persoa.
A charla vai dirixida a todo tipo de público, dende nenos e nenas en idade escolar, coma adolescentes e por suposto pais e nais que a diario realizan os menús das súas casas.
Na conferencia Silvia Méndez explicará, por exemplo, a procedencia, tipos e variedade de alimentos, as diferenzas entre refinados e integrais, as mellores técnicas para preparar os pratos de cada día ou como identificar os aceites de mellor calidade.
A cita é as 20 horas e a entrada é totalmente libre.