“TAPEARTE” PRESENTA UNHA GRAN VARIEDADE E MOITA CALIDADE NAS TAPAS DOS DEZANOVE LOCAIS PARTICIPANTES
A ruta de tapas comeza hoxe e alóngase ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa celebración da festa do Santísimo e as alfombras florais e San Antonio.
Hoxe presentouse na Casa dos Alonsos a terceira edición da ruta “Tapearte” na que participan un total de dezanove locais, entre restaurantes, bocaterías e xamonerías. Neste evento, que se desenrolará dende hoxe xoves día catro, ata o próximo domingo 14, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras e San Antonio, ofrécense tapas moi variadas e de gran calidade a un prezo de dous euros. Os horarios para probar estas elaboracións son de 12 a 13,30 horas pola mañá, e de 19 a 21 horas pola tarde.
Os restaurantes que participan nesta iniciativa son “Arruaz”, “Bahía”, “Bitadorna”, “Brisamar”, “Casa do Outeiro”, “Gaviota”, “La Pizzicata”, “O Cangrexal”, “O Paseo”, “O Roxo”, “Xantar”, “Xeito” e “Trasmallo”. Ademais tamén ofrecen as súas receitas nas bocaterías “Brétema” e “Marbella”, na xamonería “Avenida”, o hotel “El Molino”, o Aparthotel “Marouco” e na tapería “Vaite Vindo”. Entre as tapas que se ofrecen hai moita variedade, así os comensais poden escoller entre, por exemplo, unhas filloas recheas, brochetas de produtos de mar, salpicón, ou tapas baseadas en ternera galega ou chipiróns.
Entre todas as persoas que se animen a probar algunha das tapas da ruta se sorteará un fin de semana para dúas persoas no Parador de Tui, e outros dous fines de semana no Hotel Molino e no Aprtahotel Marouco, da Guarda.
Na presentación, na que estiveron presentes o alcalde José Manuel Domíminguez Freitas, a Concelleira de Turismo Montserrat Magallanes e a maior parte dos hosteleiros, destacouse a calidade das tapas. “Nesta terceira edición de “Tapearte” se volve a por en valor a gran variedade nas receitas e os bos produtos utilizados”, dixo a Concelleira de Turismo. Ademais, Montserrat Magallanes, resaltou a importancia do traballo dos hosteleiros para que esta iniciativa se leve a cabo un ano máis.
Pola súa banda, Domínguez Freitas, quixo destacar a importancia deste evento que servirá, segundo dixo, de efecto chamada a moitos visitantes, tanto de preto coma da lonxe. O alcalde pechou o acto de presentación afirmando que, coma en edicións pasadas, esta nova ruta gastronómica terá “un rotundo éxito” debido a calidade da gastronomía da Guarda.