Tribunal e datas para a proba do proceso de selección dun Técnico de Turismo
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 0362/2016, de 24 de maio as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de persoal para o Oficina de información turística no Concello da Guarda, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias,
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 0362/2016, de 24 de maio as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de persoal para o Oficina de información turística no Concello da Guarda, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias,
RESOLVE:
PRIMEIRO: Tribunal Cualificador:
-
Presidente: Dona Soledad Rodriguez Crespo, Traballadora Social do Concello da Guarda (Titular); dona Lourdes Ruiz Abad, directora do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
-
Secretario: Dona Julia María Carrasco González-Alegre, Secretaria da Corporación (Titular); ou funcionario que legalmente a substitúa.
-
Vocais:
-
Dona Mª Soledad Diz Amil, Bibliotecaria do Concello da Guarda (Titular); don Ubaldo Zabala Arbulu, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
-
Dona Rosario Trashorras Teijeiro, mestra (titular);dona Mª Emilia Fernandez Rodríguez, Tesoureira Acctal. do Concello da Guarda (suplente).
-
Don Hermelindo Martínez González, Arquitecto do Concello da Guarda (titular); Don Víctor Alonso Treinta, profesor do Conservatorio do Concello de A Guarda (suplente).
-
Dona Mª Isabel Rodríguez Pazos, mestra (Titular); dona Dona Rosario Guerrero García, persoal laboral do Concello de A Guarda ( suplente).
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Alcalde cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
SEGUNDO: A constitución do tribunal cualificador terá lugar o 28 de xuño de 2016 ás 08:45 horas. A realización da proba teórica prevista nas bases da convocatoria terá lugar o 28 de xuño de 2016 ás 09:00 horas, no salón de Plenos do Concello da Guarda.
TERCEIRO.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, a 9 de xuño de 2016.
O Alcalde
Antonio Lomba Baz