Última cita do Cinema de Verán ao aire libre este venres na Guarda
A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrase na Praza do Reló do municipio cun total de 3 sesións de cinema para todos os públicos.
A primeira cita celebrouse o mércores día 11 de xullo coa proxección de “Un Italiano en Noruega”, unha das películas máis “taquilleiras” en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores, seguida da proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50´s do pasado Mércores día 1 de agosto e xa para rematar este venres ás 22:00h terá lugar a proxección de “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.
Dende a Concellería de Cultura anímase a todos os veciños e visitantes a gozar desta última proxección ao aire libre na Praza do Reló.