Últimas prazas para os cursos da Aula CeMIT de xuño e xullo na Guarda
A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades nos meses de xuño e xullo, quedando xa as últimas prazas para completar os diferentes cursos ofertados.
As inscricións están abertas no Concello e no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.
Cursos para o mes de xuño:
• Informática para adultos: Xoves de 12:00h a 13:30h
Cursos para o mes de xullo:
• Informática para nenos: Mércores de 10:30h a 12:00h ou 12:00h a 13:30h
• Manexo tablet e smartphone: Martes de 10:00h a 11:30h
• Aplicacións de Google: Luns de 12:00h a 13:30h
• Creación de presentacións: Martes de 12:00h a 13:30h
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.
O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Tag:A Guarda, aula cemit, Cursos, Formación, Informática