(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Vías e obras

    • Inicio
    • Vías e obras
    • Un obradoiro de emprego da Guarda constrúe a nova biblioteca e sala de estudos

    Un obradoiro de emprego da Guarda constrúe a nova biblioteca e sala de estudos

    • Publicado por prensa
    • Categorías Vías e obras, | Novas Destacadas
    • Date 3 Xuño, 2025

    O alcalde da Guarda, Roberto Carrero e o concelleiro Isidro Lomba, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, e o director territorial de Emprego, Comercio e Emigración, José Antonio Rodríguez Fachado, visitaron o obradoiro dual de emprego Manuel B. Portela X.

    Durante a visita, os docentes do obradoiro e o seu director, Adolfo Martínez, explicaron ao grupo como os alumnos e alumnas aplicaron as técnicas que aprenderon no obradoiro e o grande mérito que ten facer un proxecto de tales características.

    O antigo edificio do Concello da Guarda está a sufrir unha profunda remodelación desde hai seis meses para albergar a nova biblioteca pública municipal e unha moderna sala de estudos. “Con estas novas instalacións, queremos dar resposta a unha demanda habitual, sobre todo, da xuventude, de moitos guardeses e guardesas que buscan un espazo de concentración e estudo”, explicou o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

    Estas instalacións serán máis eficientes enerxeticamente e contarán con todo o necesario para ofrecer o mellor servizo e comodidade aos usuarios e usuarias. Segundo Isidro Lomba, concelleiro de Vías e Obras, “esta é unha obra de gran importancia para A Guarda, porque é unha renovación total do edificio”.

    Tras ver os resultados que están obtendo co obradoiro, a visita trasladouse ao edificio onde se lles imparten as clases teóricas, na Avenida de Diego Antonio González. Alí, o delegado da Xunta felicitou ao alumnado polo traballo ben feito que están a realizar como verdadeiros profesionais.

    De feito, o alumnado recibiu durante a semana pasada unha masterclass da empresa Pladur, por parte do monitor e traballador Fernando Zapata. Zapata felicitou aos alumnos e alumnas pola súa instalación tan correcta e profesional.

    Este obradoiro é unha dobre oportunidade, tanto de formación como de emprego, xa que durante 12 meses, os alumnos participan nun proxecto, mentres contan con docentes que lles imparten unha parte teórica máis tamén os guían durante o traballo.

    Un total de 20 persoas desempregadas participan no obradoiro de emprego encargado da obra e todos os participantes obterán un certificado de albanelaría ao remate para axudar na súa procura de emprego.

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
    3 Xuño, 2025

    Seguinte nova

    A película ‘As Neves’ pecha o ciclo de cinema galego na Guarda
    4 Xuño, 2025

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
      13 Xuño, 2025
    • A Guarda aumenta a seguridade no skate park da Atalaia
      13 Xuño, 2025
    • O Punto Limpo comeza este luns co horario de verán
      13 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web