Un obradoiro de videoactivismo leva a concienciación climática ao IES A Sangriña
O día 24 de outubro, celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático para recordar como este fenómeno supón un incremento de eventos climáticos extremos, incremento das temperatura media e do nivel do mar, o que afecta a cultivos e a vida diaria.
Neste senso, a semana pasada o Fondo Galego de Cooperación a través da ONG Agareso, levou a cabo un obradoiro audiovisual de videoactivismo no IES A Sangriña.
Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato participaron neste obradoiro onde elaboraron diferentes pezas audiovisuais en grupo. Os vídeos, dun minuto de duración, tratan sobre propostas para un futuro sostible ou denuncias das acción individuais e/ou colectivas que danan o medio ambiente.
En total, realizáronse catro pezas: “Unha batalla épica”, “Consciencia do uso dos recursos naturais”, “Un pequeño gesto puede cambiar el mundo”, “Modas fugaces, consecuencias a largo plazo”. Estes abordan temas como a fast-fashion, o coidado do medio u como non malgastar os recursos naturais.
Estes vídeos participarán agora no concurso #PeopleOfTheFuture que ten como premio unha experiencia na natureza para os gañadores (kayak, escaladas…).