-Un patio cheo de vida- para o CEIP A Sangriña
Alumnos e alumnas, pais e nais e comunidade do CEIP A Sangriña en colaboración co Concello da Guarda participan nun proxecto para a mellora do patio do CEIP A Sangriña da Guarda, un proxecto que conta co apoio da Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira, así como de varias firmas comerciais.
A iniciativa xurde para a mellora dun espazo do centro, empregado polo alumnado nos seus momentos de lecer e deporte, mellorando a convivencia e as relacións entre todo o alumnado.
Entre os obxectivo do proxecto destacan a creación dun patio con diferentes recunchos de aprendizaxe, fomentando a educación para a saúde e a vida saudable, favorecendo a integración dos nenos e nenas no patio do recreo implicando a toda a comunidade educativa no deseño deste espazo.
O venres día 5 de abril o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, visitaron o CEIP A Sangriña para coñecer e interesarse sobre esta importante iniciativa que contará coa colaboración do Concello da Guarda.