Unha charla tenta achegarnos as causas, secuelas e recursos para o dano cerebral
O mércores 6 de novembro haberá na Casa dos Alonso unha charla sobre a “Aproximación ao dano cerebral adquirido”.
Nesta charla trataranse as causas (de ictus e traumatismo cranioencefálicos), secuelas e os recursos de atención dispoñibles para estes casos. A charla está prevista para a tarde do mércores 6 de novembro de 16:30 a 18:00 horas.
Para acudir, podedes inscribirvos no 986 61 45 07 ou nos Servizos Sociais do Concello da Guarda.