Unha exposición para conmemorar os 100 anos do Vía Crucis do Monte Santa Trega
Do 5 ao 10 de agosto de 2024 terá lugar a XXVIII Exfimiño na Casa dos Alonso, conmemorando o primeiro centenario da construción do novo Vía Crucis do monte Santa Trega.
A exposición inclúese na programación desta edición das Festas do Monte 2024, polo que a súa inauguración celebrarase xusto despois do pregón ás 20:00 horas na Praza do Reló. O horario de visitas será de 11 a 14 horas e de 18 a 20 horas.
Na exposición participarán coleccións de filatelia de Galicia, numismática e outros
coleccionables como son chisqueiros ou pousavasos. Está organizada pola Sociedade Filatélica e Numanística Guardesa, en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.