Suspendida a Visita cultural a Póvoa de Varzim e Vila do Conde
O Concello da Guarda e o Club da Terceira Idade veñen de comunicar a suspensión da saída cultural prevista para o sábado 4 de abril a Vila do Conde e Póvoa de Varzim como medida preventiva fronte ao COVID-19.
Seguindo as recomendacións marcadas en canto a viaxes e poboación de risco, decidiuse suspender esta actividade, para o Concello da Guarda o importante son as persoas e a saúde.