Visita institucional a Érguete Baixo Miño e a San Vicente de Paúl
No día de onte, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e a concelleira de Política Social, Isabel Guisande, visitaron dúas asociacións do diverso tecido asociativo da Guarda.
En primeiro lugar visitaron a Asociación Érguete Baixo Miño, que cumpre 35 anos de labor, desenrolando diferentes programas de promoción e educación para a saúde coa finalidade de mellorar a calidade de vida, facilitando a integración social e laboral das persoas por razóns de exclusión social.
Despois, visitaron a ONG San Vicente de Paúl, que leva a cabo obras socias na nosa vila, sobre todo, en recollida e reparto de alimentos ás familias máis necesitadas.