Visitas guiadas ó Monte Santa Trega durante a Semana Santa
O Concello da Guarda e o Padroado Municipal Santa Trega ofrecerán visitas guiadas na Semana Santa dende o mércores 23 ata domingo 27 de marzo.
O Concello da Guarda e o Padroado Municipal Santa Trega ofrecerán visitas guiadas na Semana Santa dende o mércores 23 ata domingo 27 de marzo.
Como é habitual nos últimos anos ofreceranse visitas guiadas ó Monte Santa Trega en diferentes quendas para que poder ofrecer unha atención de calidade ós centos de visitantes que se achegarán o noso recoñecido monte.
As visitas das 12:00 e 17:00 comezan no Museo Arqueolóxico cunha duración de 90 minutos. Ás 16:00 haberá unha visita de 30 minutos no Castro de Santa Trega.
Estas visitas non precisan reserva (excepto os grupos de máis de 10 persoas). O servizo de guía é gratuíto aínda que é preciso realizar o pago do acceso ó monte.