Apertura da rúa do Calvario tras as obras de humanización
Dende esta fin de semana queda aberta ao usa a rúa do Calvario despois de rematar as obras da segunda fase de humanización.
Dende esta fin de semana queda aberta ao usa a rúa do Calvario despois de rematar as obras da segunda fase de humanización.
Esta obra de humanización da rúa do Calvario consistiu na reposición de todos os servizos; sumidoiros, separando pluviais e fecais; abastecemento de auga e as canalizacións subterráneas para liñas eléctricas e comunicacións. O firme da rúa leva acabados en pedra e adoquín.
O proxecto inicial tiña un orzamento de 216.464,57 euros, dos que finalmente foron utilizados 162.846,30 euros, custo final das obras. Parte dos 53.618,27 euros aforrados invirtiuse na canalización dos servizos de electricidade e comunicacións. Outra parte desa baixa vaise adicar á conexión das augas pluviais da rúa do Calvario coas existentes no 5º de Transversal Oliva, executando así a totalidade dos fondos outorgados pola Deputación.
Con esta actuación o segundo tramo da rúa do Calvario recupera o aspecto nobre que merece unha rúa coa historia e tradición desta. Durante estes últimos días tense constatado a satisfacción dos veciños polo aspecto e acabado final da rúa.
Queda pendente para humanizar a rúa por completo un terceiro tramo ata chegar á praza da Guía. A previsión do Goberno é a de realizalo na presente lexislatura pois xa se está iniciando a redacción do proxecto.