Máis de 250 inscritos para percorrer o I ‘Trail Camposancos ó Solpor
A asociación Rego de Bicosán en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello da Guarda organizan o I Trail Camposancos ó Solpor o vindeiro sábado 22. As inscricións pecharon o pasado domingo, acadando un total de 260 entre as tres distancias: trail longo, trail curto e andaina.
As carreiras darán comezo a partir das 19 horas desde o campo multiusos Codesal, e alí mesmo poderanse recoller os dorsais desde ás 17 horas.
O percorrido é circular, polo que saída e meta coinciden no campo do Codesal, mais non por iso a carreira de montaña carece de dificultade. O trail longo consiste en 17 kilómetros que acumulan uns 770 metros de desnivel, mentres que o trail curto e a andaina consistirán en 8 km con 420 metros de desnivel.
Haberá agasallos para todos os participantes e premios para os tres primeiros da súa categoría e distancia correspondente. Está previsto que ás 22 horas se celebre a entrega de premios.