As pinturas realizadas no obradoiro mural organizado pola OMIX xa locen na senda litoral
As pinturas realizadas polas rapazas e rapaces participantes no obradoiro de intervención mural, organizado pola OMIX do Concello da Guarda o pasado 27 e 28 de xullo, xa locen na senda litoral. Os artistas urbanos Marcos Fernández e Julia Lago foron os encargados de impartir o obradoiro, no que participaron un total de 16 mozas e mozos de idades comprendidas entre os 11 e os 19 anos.
O taller comezou o pasado xoves co establecemento dunha temática que serviría de nexo para a realización dos debuxos de cada un dos participantes. Unha vez acadado o consenso entorno ó mar como protagonista, cada un deles realizou o bosquexo do que posteriormente sería a súa pegada persoal no muro da senda litoral que se atopa preto de Santa Catalina. O venres, xa co fondo pintado e os espazos esblecidos, foi a quenda de dar forma e cor aos deseños, que xa forman parte da paisaxe costeira da Guarda.