(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • O pregón das campionas do Atlético Guardés deu comezo á XIV Festa do Peixe Espada no porto

    O pregón das campionas do Atlético Guardés deu comezo á XIV Festa do Peixe Espada no porto

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Turismo
    • Date 29 Xullo, 2017

    O porto da Guarda acolle durante esta fin de semana a tradicional Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) en colaboración co Concello da Guarda. A celebración arrancou onte, pasadas as 20 horas, co pregón inaugural a cargo das campionas de Liga do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés.

    O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de dar a benvida ó acto de inauguración, dedicando un merecido recoñecemento á labor realizada polos organizadores, grazas aos cales esta décimo cuarta edición da festa gastronómica é posible.

    Un pregón de campionas

    O equipo guardés, que ven de firmar un acordo de patrocinio con ORPAGU, aproveitou a ocasión para amosar o seu novo equipamento, no que se inclue o logotipo coa silueta do peixe espada, representativo da organización. Xa lucindo a nova camiseta, a capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro, tomou a palabra agradecendo o apoio tanto dos afeccionados como dos patrocinadores, para pasar a eloxiar as virtudes nutricionais do peixe protagonista da festa e animar á inclusión deste alimento nas nosas dietas.

    • Antonio Lomba da a benvida ós asistentes Benvida do alcalde da Guarda
    • Clube Mecalia Atlético Guardés
    • Clube Mecalia Atlético Guardés Estela Doiro durante o pregón

    Tras o pregón, a xerente da Organización de Palangreiros Guardeses, Juana Parada, fixo entrega dos premios ás gañadoras do II Concurso de Relatos “Homes de Mulleres do mar”, para a mosense de 12 anos, María Calvar; e o Concurso de Carteis “Festa do Peixe Espada”, que foi para Mikaela Rodríguez, de 10 anos de idade e alumna do Colexio Padres Somascos da Guarda. A organización tamén quixo agasallar, facendo entrega dunha figura conmemorativa da festa elaborada polos alumnos co Centro San Xerome Emiliani, ás pregoeiras do Atlético Guardés e ó Concello da Guarda, como agradecemento a súa colaboración. 

    Programación deportiva e lúdica
    Concerto “Tributos Rock&Pop” da Agrupación Musical da Guarda

    O acto rematou coa presentación do II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado, organizado polo Clube Náutico Sen Amarras, que se celebra esta mañá no porto da Guarda. A charanga Cantos Somos animou aos primeiros comensais da festa, para dar paso ó concertos “Tributos Pop&Rock” ofrecido pola Agrupación Musical da Guarda, pasadas as 22.00 horas, no exterior da carpa.

    A entrega dos premios da competición celebrarase esta tarde, ás 20.00 horas, na carpa do porto, tras as actuacións do Coro Fuscalheiro (de 15.00 a 17.00 horas) e o Grupo de Acordeóns Mascarelhas (a partir das 19.00 horas). Este último volverá amenizar esta xornada gastronómica tras a entrega dos premios e, xa ás 23.00 horas, a música tradicional cederá o espazo á electrónica, da man do DJ Diego Wass.

    Mañá domingo as actuacións musicais comezarán as 15.00 horas, co Grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e, chegadas as 19.00 horas, a música tradicional galega volverá coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira.

    Amais destas, a festa conta con mercado artesanal durante todo o día e outras actividades dirixidas aos máis pequenos, como inchables, pintacaras e obradoiros entre as 15.00 e as 21.00 horas. O domingo engádense as actividades acuáticas organizadas polo Clube Alagua, que ofertará clases de vela para os cativos.

    Variada oferta gastronómica e lúdica

    Os establecementos hosteleiros participantes nesta XIV edición da festa (Xantar, Cangrexal, O Roxo e Xeito) ofertan un total de 16 preparacións distintas do peixe espada, entre pratos e tapas cuxos prezos non superan os 8 euros. Así, os visitantes poderán degustar ata mañá o tradicional prato de espada á prancha con cachelos ou noutras variedades como guisado, en salpicón, en empanada ou empanadillas, croquetas, en zorza, en tostas, en escabeche, ao peregrino; fideuá, tortilla ou quiche con peixe espada, e bocadiños de espada con salsa alioli. A oferta gastronómica complétase cos postres da Confitería Estévez e o posto de productos gourmet en conserva de ORPAGU.

    • XIV Festa do Peixe Espada

    Tag:Antonio Lomba, Mecalia Atlético Guardés, ORPAGU, XIV Festa do Peixe Espada

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” xa se pode visitar na Casa dos Alonso
    29 Xullo, 2017

    Seguinte nova

    As pinturas realizadas no obradoiro mural organizado pola OMIX xa locen na senda litoral
    31 Xullo, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web