A Guarda celebra o Día do Mercado coa entrega dun Receitario e agasallos na Praza de Abastos
Con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado, dende a Xunta De Galicia promóvese a campaña “Quere o teu mercado”, dentro da cal o Concello estase a volcar a través da súa Praza de Abastos Municipal.
Con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado, dende a Xunta de Galicia promóvese a campaña “Quere o teu mercado”, dentro da cal o Concello estase a volcar a través da súa Praza de Abastos Municipal.
Búscase revitalizar e impulsar a compra de produto local, fresco e de tempada nos mercados, recoñecendo a importancia destes como dinamizadores dos núcleos das vilas onde se asentan, nas que ofrecen a oportunidade de mercar produtos galegos, de calidade e variados, necesarios para una dieta saudable.
Por este motivo na última semana de Maio na Praza de Abastos xa deu comezo a Campaña co reparto de material sobre esta iniciativa e, ademais, o día 28 entregaranse a todos aqueles que se acheguen á Praza de Abastos máis agasallos como bolsas, mandís, globos, etc.
Dende o Concello da Guarda, como actividade complementaria e dinamizadora, proponse en colaboración cos praceiros e praceiras da vila que dende o venres 27 e ata o sábado 11 todos os que merquen na Praza recibirán dúas receitas cada fin de semana (unha o venres e outra o sábado) ata finalizar, o último día, un Receitario completo de 6 receitas elaboradas con produto local e de tempada.