(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • Presentación da terceira edición de “Tapearte” na Guarda

    Presentación da terceira edición de “Tapearte” na Guarda

    • Publicado por Concello
    • Categorías Turismo
    • Date 26 Maio, 2016

    Este xoves 26 de maio ás 12h. tivo lugar a presentación na Casa dos Alonsos da terceira edición da Ruta Gastronómica “Tapearte” que organiza o Concello da Guarda con motivo da realización, esta fin de semana, das alfombras florais tradicionais pola Festividade do Santísimo.

    Este xoves 26 de maio ás 12h. tivo lugar a presentación na Casa dos Alonsos da terceira edición da Ruta Gastronómica “Tapearte” que organiza o Concello da Guarda con motivo da realización, esta fin de semana, das alfombras florais tradicionais pola Festividade do Santísimo.

     

    Á presentación acudiron representantes dos restaurantes e bares da vila adheridos a esta iniciativa, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e Marcos Álvarez Cuña, xerente da empresa de Distribuciones Disramo, para apoiar esta iniciativa que busca promocionar a gastronomía da Guarda nunha fin de semana moi importante para a vila, na que se veñen realizando as alfombras dende hai máis de 30 anos.

     

    Como expresou Montserrat Magallanes, as tapas son un bo exemplo da gastronomía local e con elas e a colaboración dos hosteleiros confíase en que esta sexa unha edición de gran participación. Pola súa parte o Alcalde da Guarda salientou o alto número de establecementos participantes e espera que “sexa unha tentación para a xente que busca unha pequena desculpa para vir á Guarda”.

     

    Neste acto tamén se destacou que en “Tapearte A Guarda 2016” amplíase a duración con respecto a outros anos polo que os consumidores poderán desfrutar de tapas a 2€ durante 5 fines de semana. Dende o 27 de maio e ata o 26 de xuño poderán degustar as tapas tódolos venres, sábados e domingos nun horario que vai das 12 a 13 horas e pola tarde das 19 a 21 horas.

     

    Ademais neste terceiro ano de “Tapearte” poténciase o concepto de ruta coa creación dun pasaporte cos establecementos e as tapas adheridos. Neste poderán selarse as tapas consumidas e aqueles que cheguen a 12 de entre as 20 que hai, participarán no sorteo de agasallos como reloxos, minialtavoces ou baterías portátiles. Aqueles que completen a ruta degustando as 20 tapas terán premio directo.

     

    Na mesa onde se expuxeron as tapas observouse a gran variedade e calidade das tapas propostas que se poderán degustar ó longo destas datas e que inclúen carnes, peixes e tapas frías e quentes. Ademais esta calidade está asegurada e será recompensada polos propios consumidores que poderán puntualas dentro do Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2016. Os participantes serán os que valoren as tapas puntuando as mesmas no propio pasaporte do 1 ao 3, sendo 3 a maior puntuación. Deste xeito se premiará ao establecemento coa mellor puntuación, e tamén ó que ofreza o maior número de tapas.

     

    Dende o Concello da Guarda convídase a todos os guardeses, guardesas e visitantes de fóra a que acudan a esta cita que marca o comezo da época estival co mellor da gastronomía da vila a un módico prezo.

     

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    INAUGURACIÓN DO CURSO “SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO” ORGANIZADO POLA OMIX
    26 Maio, 2016

    Seguinte nova

    Axenda de fin de semana chea de actividades na Guarda
    16 Xuño, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web