Prégase precaución ante un posible timo de revisores de contadores de electricidade na Guarda
Veciños do Concello da Guarda informaron ás autoridades da vila da existencia dunha posible estafa na que un home se fai pasar por un revisor enviado pola empresa Unión Fenosa.
Veciños do Concello da Guarda informaron ás autoridades da vila da existencia dunha posible estafa na que un home se fai pasar por un revisor enviado pola empresa Unión Fenosa.
Unha das veciñas o describiu como un varón xove, ben vestido e con barba que chamou ó seu piso, na rúa de Concepción Arenal. Este afirmaba ser un revisor dos novos contadores de Fenosa e, ante a petición desta de que lle amosara algunha identificación, negouse. Tampouco lle proporcionou os seus apelidos e tan só declarou que se chamaba Pepe.
Ante a negativa da veciña, que non o deixaba pasar, este a ameazou dicíndolle que ou lle pagaba o novo contador ou quedaría anulado.
Dende o Concello da Guarda pídese a todos os veciños e veciñas a maior das precaucións xa que, como lle comunicaron á veciña dende Unión Fenosa, eles non chaman para activar os contador, xa que o fan directamente e se trataría dunha posible estafa.