Maio gastronómico e cultural
O mes de Maio é na Guarda o mes de “inicio” da época estival, tanto turistas como os propios veciños comenzamos a desfrutar do bo tempo e das actividades que esta época do ano nos ofrece. De ahí, que dende o Concello se decidire impulsar como en anos anteriores o MAIO GASTRONOMICO E CULTURAL.
O mes de Maio é na Guarda o mes de “inicio” da época estival, tanto turistas como os propios veciños comenzamos a desfrutar do bo tempo e das actividades que esta época do ano nos ofrece. De ahí, que dende o Concello se decidire impulsar como en anos anteriores o MAIO GASTRONOMICO E CULTURAL. Unha boa unión entre as actividades culturais e a gastronomía que invita a saír a rúa e desfrutar deste fermoso pobo. Ademáis é o Mes das Letras Galegas e por isto tamén son varias as propostas de posta en valor da nosa lingua. E neste ano 2016, temos a coincidencia de que a festa do Santisimo celebrase na última fin de semana de Maio,polo que tamén este ano é o Mes das Flores que encherán as nosas rúas nesa fin de semana.
Por todo isto, se presenta a unha completa axenda de eventos culturais con teatro, literatura, homenaxe a Manuel María, exposicións… unido a unha campaña gastronómica na que comer ou cear na Guarda terá “premio”.
CAMPAÑA GASTRONÓMICA:
Aqueles que decidan comer ou cear nun dos restaurantes adheridos recibirán un agasallo conmemorativo da nosa vila. Será necesario a presentación dun bono que se pode conseguir na oficina de turismo, no MASAT e no Museo do Mar. Os restaurantes participantes son: Area Grande, Brisamar, Carla, Casa do Outeiro, Casa Valladeiro, Pizzicata, Marusía, Mar y Cielo, Novo Funil, O Cangrexal, Xeito.
AXENDA CULTURAL:
TEATRO ADULTOS “ O día do pai”
Venres 6 de Maio ás 21 horas no Centro Cultural.
CONTOS CONTADOS: O Poeta do Miño (homenaxe a Manuel María)
Sábado 7 de Maio ás 11:30 horas na Biblioteca Municipal.
A LINGUA GALEGA:ACTUALIDADE E FUTURO.
Sábado 7 de Maio ás 20 horas no Centro Cultural.
MANUEL MARIA NAS REDES
Do 12 ó 20 de Maio nas redes sociais
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Martes 17 de Maio ás 17 h no Auditorio San Benito
ESPECTACULO SENE-GALEGO
Mércores 18 de Maio ás 11:30 h no Auditorio de San Benito.
DIA DOS MUSEOS
Mércores 18 de Xuño no Monte Santa Trega de A Guarda.
FEIRA DO LIBRO
Domingo 22 de Maio todo o día na Praza do Reló.
ALFOMBRAS FLORAIS
Sábado 28 e Domingo 29 de Maio polas rúas da Guarda.
EXPOSICIÓN DOS COLEXIOS.”AMPARO”
Do 11 de Maio ata o 24 de Maio na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
EXPOSICION DE TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS
Do 14 ó 21 de Maio na sala de exposicións do Centro Cultural EXPOSICIÓN PINTURA ALUMNOS DO CONCELLO
Do 16 ó 22 de Maio na Casa dos Alonsos polas tardes
CAMPAÑA GASTRONOMICA
Durante o Mes de Maio
TAPEARTE A GUARDA. Ruta de tapas pola vila. Tapas a 2€
Venres,sábados e domingos dende o 27 de Maio ata o 26 de Xuño