A Alerta Vermella obriga a prohibir a circulación de vehículos polo paseo marítimo da Guarda
A Concellería de Emerxencias do Concello da Guarda pecha dende a tarde deste xoves, día 31 de xaneiro, o acceso ao vial portuario comprendido entre a Atalaia e o Monumento ao Mariñeiro Desaparecido, un vial empregado recentemente como vial alternativo polas obras da Rúa Concepción Arenal.
Esta decisión tomouse ante a inminente activación dunha Alerta Vermella por situación meteorolóxica desfavorable que imposibilita a circulación por este vial ao carón do Porto. En función da mellora da situación meteorolóxica habilitarase novamente a circulación por este vial nos vindeiros días.
Todos os veciños e veciñas que o desexen poden seguir empregando os viais alternativos para baixar ao Porto pola Rúa Ireira e pola zona da Depuradora.
Tag:A Guarda, alerta vermella, Obras, porto, vial