A Casa dos Alonsos acolle unha exposición pictórica de José Manuel de la Guerra
O vindeiro sábado 22 inaugúrase no Concello da Guarda unha exposición de pintura a cargo de José Manuel de la Guerra.
O autor ten unha longa carreira na que explorou diversas formas artísticas, incluso a dixital. Este artista, de orixe madrileño, pero residente na vila guardesa, quere mostrar aos seus veciños unha obra pictórica que navega entre “o cotiá e o onírico”.
A exposición estará aberta ao público ata o día 6 de xullo. Todas as persoas que queiran visitalo poderán facelo de luns a venres de 9 a 14 horas, ou pola tarde de xoves a sábado de 18 a 20 horas.