A Ceña Vella na Gándara conta con nova tubaxe de agua e asfaltado
A Guarda continúa o seu traballo na mellora de camiños e rúas, co asfaltado e renovación de tubaxe da Ceña Vella na Gándara.
O camiño sufría de fugas de auga o que ocasionaba unha perda de auga e un servizo ineficiente para a veciñanza. Coa nova tubaxe da auga da traída búscase un maior aproveitamento da auga e un servizo de calidade.
Ademais, aplicouse un novo asfalto ao camiño para mellorar o paso de viandantes e de vehículos.
A intervención sufragouse coa subvención de 48.445,68€ do Plan Marco da Xunta de Galicia para a mellora de camiños xunto coa aportación municipal de 7.297€.