A Deputación de Pontevedra subvenciona melloras no equipamento deportivo municipal
A Deputación de Pontevedra ven de conceder ao Concello da Guarda unha subvención por importe de 20.786,59 euros para o investimento en equipamento para as instalacións deportivas municipais.
A axuda do organismo provincial destinarase á instalación dun novo marcador electrónico e dúas novas canastras abatibles en instalacións do municipio, cuxo orzamento queda cuberto na súa totalidade pola subveción concedida.