A Deputación sufraga os gastos para a redacción de diferentes proxectos na Guarda
A Deputación de Pontevedra sufraga os gastos da redacción de proxecto e execución de diferentes obras de mobilidade amable e recuperación de espazos dentro da Rede Ágora. O primeiro deles trátase da rúa Joaquín Alonso cunha subvención do 90%, valorada en 16.220,65€. Ademais, tamén se quere mellorar a seguridade infantil no entorno do CEIP Solanas, onde a subvención ascende aos 15.790,50€. Por último, búscase a mellora de accesibilidade e seguridade vial da rúa Malteses, así como a sú humanización cunha aportación por parte da Deputación de 16.302,33€.