‘Pum! Pum! Quen hai?’ trae risas para toda a familia ao Centro Cultural da Guarda
A Guarda acolle este sábado 15 de febreiro a comedia musical familiar “Pum! Pum! Quen hai?” de Artika Cía.
Nesta obra coñeceremos a vida de Gaia, unha nena espelida que nos vai guiar a través do xogo do seu pobo. A chegada de novos veciños revolucionará á súa aldea, esa onde cada día é un xogo.
O pobo deberá enfrontarse aos seus medos que nos lembra a importancia da aceptación e da diversidade. Para iso, Gaia contará coa compañía de Tía Maruxa e Don Rosmón, dous carismáticos personaxes.
A comedia dará comezo no Centro Cultural da Guarda ás 18:00 horas e atópase dentro do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra.