A Eurocidade Foz do Minho uníuse a través da música
O pasado sábado desfrutamos do fin da primeira acción cultural conxunta da Eurocidade Foz do Minho (A Guarda, Caminha e O Rosal).
Tras dúas xornadas nas anteriores fins de semanas con masterclass das Xornadas Instrumentais Eurocidade na Guarda, o día 21 os tres concellos uníronse para este Encontro de Bandas de Música.
O pavillón Municipal Fernando Lima de Caminha acolleu as actuacións da Agrupación Musical da Guarda, da Agrupación Musica do Rosal e da Sociedade Musical Banda Lanhelense (Caminha).
O alcalde da Guarda, o presidente da Câmara Municipal de Caminha e a alcaldesa do Rosal asistiron a este concerto, que agardamos que sexa o inicio de unha longa lista de eventos e accións conxuntos da Eurocidade Foz do Minho.