Este sábado haberá sesión vermú a cargo do dúo Awen
A segunda fin de semana da programación de Nadal da Guarda, trae ao dúo Awen á praza de Avelino Vicente.
Awen ofrecerá un concerto de versións en inglés, castelán, francés e galego, de bandas como Janis Joplin, Depeche Mode, M-Clan, Zaz, Aretha Franklin, Amy Winehouse ou John Denver.
A sesión vermú comezará este sábado 28 ás 12:30 horas, a cargo deste dueto a dúas voces e guitarra para interpretar versións dos mellores temas de rock desde os anos 70 ata hoxe.