A exposición “Exfimiño” abre as súas portas este venres
Nesta vixésima oitava edición homenaxéase o socio fundador Juan Álvarez Sobrino
Un ano máis a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coa colaboración do Concello da Guarda, celebra a súa exposición “Exfimiño” na Casa dos Alonsos, do 23 ao 25 de outubro.
Nesta vixésima oitava edición a exposición homenaxea ao seu socio fundador e Presidente de honra, F. Juan Álvarez Sobrino. “El foi quen deu pe para que a Sociedade seguise adiante. Era un gran amante da filatélica, iluminábaselle a cara falando de selos. Merécese esta exposición e moito máis”, afirma Marta Verde, organizadora da mostra.
En total móstranse un total de 47 coleccións chegadas dende A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevdra, Tui, O Rosal e A Guarda. Tres pertencen ao propio Juan Álvarez Sobrino, outro tanto son colección da Sociedade Filatélica Guardesa, 5 de Historia Postal, 3 de Tradicional, 14 de Temática, 4 de Clase Abierta, 3 de Enteros Postales, 2 de Moderna e 10 Juveniles.
A mostra contará ademais cun selo personalizado onde aparece unha das follas da colección de Juan Álvarez “El pintor y su obra” que realizou nos anos 60. Haberá ademais un mataselos conmemorativo coa imaxe de Juan Álvarez, así como unha das primeiras coleccións de Álvarez cando aínda era un neno e outro álbum que realizou mentres estaba convalecente con 14 anos adornado con debuxos.
Inauguración
A inauguración desta mostra terá lugar na Casa dos Alonsos o venres ás 19,30 horas. O sábado se poderá visitar a exposición de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e o domingo só en horario de mañá. O domingo, 15 de outubro, tamén se reunirá a Xunta Directiva de FEGASOFI.
“Esperamos que durante toda a fin de semana sexan moitas as persoas que se acheguen a exposición xa que hai selos chegados dende moitas e moi diferentes zonas de Galicia”, afirma a organizadora.