SUBVENCIÓNS PARA EMPREGO AUTÓNOMO DE PERSOAS NOVAS
A finalidade deste programa é promover e axudas a financias proxectos empresariais con viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do posto de traballo de persoas novas desempregadas inscritas no sistema nacional de Garantía Xuvenil.
Tipos de axudas:
-Subvencións para iniciativas de autoemprego Xuvenil, co obxecto de axudar as persoas novas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles una subvención a fondo perdido ás persoas que soliciten o alta no réxime especial de autónomos ou mutualidade profesional dende o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015. A contía desta subvención será de 1200€.
-Subvención polo establecemento como persoas traballadora autónoma a mozos/as inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil. Poderán optar a esta axuda as persoas novas inscritas no Sistema nacional del Garantía Xuvenil que poñan en marcha o seu proxecto empresarial entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015 e realicen un gasto non inferior a 2000€ (sen incluír IVE). A contía desta subvención oscila entre os 7500 e os 10000€.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2015.
Orde da convocatoria do 12 de agosto de 2015. DOG nº 157 do 19 de agosto de 2015.
INFORMACIÓN E SOLICITUDES NA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO