A Festiña Campusina volve a montar unha festa para todas as idades o sábado 16 de maio
Camposancos celebra o próximo sábado 16 de maio unha nova edición da Festiña Campusina na praza de San Amaro.
Ás 11:30h Charanga Vaya Panda fará un pasarrúas para animar á veciñanza á festa que comenza á tarde. A partir das 16:30h haberá xogos populares para toda a familia, inchables e pintafaces, para que todos e todas poidan divertirse.
Na tardiña, ás 20:00h haberá choripán e torreznos antes de que comece a actuación do trío Xtra e a realización do sorteo das rifas. Finalmente, ás 00:30h comezarán os dj Gario GZ, Pitty, Brokktt e David Correa.



