(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • A Guarda abordará a reforma integral do Pavillón da Sangriña ao abeiro do plan REACPON da Deputación

    A Guarda abordará a reforma integral do Pavillón da Sangriña ao abeiro do plan REACPON da Deputación

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 4 Marzo, 2022

    Carmela Silva e o alcalde Antonio Lomba asinan o convenio para acometer esta ambiciosa actuación, que ten un orzamento de 1,8 millóns de euros, nunha das dotacións deportivas máis importantes da vila e na que xoga o Atlético Guardés, -o orgullo desta provincia-

    “Hoxe é un día para que todo o deporte e a veciñanza da Guarda estean satisfeitas polo gran paso que damos, e non me queda máis que agradecer á Deputación porque nos axudastes a facelo posible”. Deste xeito valorou hoxe o alcalde desta localidade, Antonio Lomba, a achega do Plan ReacPon que permitirá “darlle unha volta completa” cunha reforma integral ao pavillón da Sangriña, unha das infraestruturas deportivas máis importantes do Concello e fogar do equipo feminino referente do balonmán galego e nacional, o Atlético Guardés. A presidenta Carmela Silva, que destacou que a obra a realizar converterá este polideportivo nun “emblema”, e Antonio Lomba asinaron hoxe o convenio -o último dos 47 firmados con concellos da provincia que recibirán achegas deste plan-, para abordar este proxecto que ten un importantísimo orzamento de 1,8 millóns de euros, dos que a institución provincial achegará 609.672,74€ e o Concello da Guarda 1.260.994,79€.

    Tal e como lembraron Carmela Silva e o alcalde Antonio Lomba , a reforma da Sangriña é unha das obras demandadas historicamente pola veciñanza da Guarda, en especial polo club e a súa afección, e que o rexedor xa trasladara á presidenta no seu primeiro acto ao fronte da Deputación en agosto do ano 2015. “A Guarda o merece todo porque é un pobo único –subliñou Carmela Silva-. E síntome moi feliz de que a institución provincial poida como neste caso dedicar recursos para que se cumpran os soños dos pobos”.

    A presidenta puxo en valor un proxecto “tan potente” e cun investimento ambicioso para unha instalación na que a veciñanza da Guarda “sente o orgullo” do seu equipo feminino de balonmán, “mulleres guerreiras que son o gran orgullo desta provincia, de Galicia e do Estado, que compiten a nivel nacional e internacional e sempre nos dan moitas alegrías e tantos éxitos”. “Este é un concello pequeno con escasos recursos pero que ten a ambición de transformar o seu municipio”, engadiu, tras afirmar que o proxecto xa está en fase de licitación e que máis que unha reforma, vai supoñer “un novo pavillón, cunha transformación total e absoluta tanto do polideportivo como do espazo que o circunda”. Para a presidenta, esta obra “fala do ben que o está a facer o mundo local, e creo que o Goberno do Estado e particularmente a Xunta deberían ser conscientes de que as grandes transformacións serán posibles se teñen recursos os concellos. Espero que aporten máis recursos para que os alcaldes e alcaldesas poidan desenvolver os soños da súa veciñanza”.

    A presidenta agarda que agora outras administracións, en concreto a Xunta, cumpran o seu compromiso para financiar tamén esta actuación: “Seguramente si que o farán, porque a Xunta inviste moitos recursos noutros concellos e espero que o faga na Guarda”. Neste senso alcalde, Antonio Lomba, tamén subliñou que agarda que a administración autonómica “nos próximos días faga honra á súa palabra e colabore nesta obra”. O alcalde sinalou que falamos “dunha actuación importantísima coa que imos ter unha instalación case nova que cumpra coas expectativas dun pavillón moderno como o que hoxe merece un club como o que temos, o Atlético Guardés que nos está a representar na máxima categoría do balonmán feminina nacional. Hai que seguir traballando, dixo, e no futuro necesitaremos un novo pavillón, pero había que dar este paso para ter A Sangriña nas mellores condicións”.

    Lomba tamén se referiu á humanización da praza Concepción Arenal, realizada co Plan de Reequilibrio da Deputación, “que agora estamos a desfrutar e para a que aínda faltan obras complementarias, co que a desfrutaremos máis co tempo”. Tanto esta como a do pavillón son “dúas actuacións que eran case soños, e que viamos moi difíciles porque eran obras moi potentes. Agora chegoulle a quenda ao pavillón, polo que hoxe é un día de ledicia”.

    O proxecto
    O pavillón da Sangriña modernizarase de xeito integral coa reforma interior das instalacións, que inclúe a ampliación da zona de espectadores –pasará das preto de 500 prazas ata 700, cun aumento do 48%- e a mellora da accesibilidade, seguridade e eficiencia enerxética. Amais, dotarase dunha nova cuberta e fachada, esta última deseñada como unha “nova pel” que envolva ao edificio preexistente con novos atributos e ambientes. A nova imaxe conseguirase a través dunha fachada de carácter representativo de dúas alturas, formada por unha base de formigón que se suplementa cunha fachada ventilada que permitan a entrada controlada de luz.

    Crearase unha nova bancada e unha zona de circulación de espectadores na parte superior, que permitirá un acceso máis cómodo e controlado, amais de habilitar unha zona para espectadores en cadeira de rodas e tres núcleos de escaleiras. Abordaranse 4 vestiarios xerais, 1 vestiario accesible, 1 para árbitros/as, 2 núcleos xerais de aseos e 3 aseos accesibles e entre os espazos de que se dotará figuran unha área de prensa, un espazo de enfermería e de control antidopaxe e unha cantina. No exterior, o proxecto contempla a rexeneración dos espazos urbanos colindantes, con beirarrúas con bandas de pedra e bordillos sen diferencia de nivel.

    Tag:A Guarda, Antonio Lomba, Deporte, Deputación de Pontevedra, Pavillón da Sangriña, reacpon

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Mancomunidade do Baixo Miño acorda axudar economicamente ao pobo de Ucraína
    4 Marzo, 2022

    Seguinte nova

    O Concello da Guarda informa das xestións para a axuda humanitaria ao pobo ucraíno
    6 Marzo, 2022

    Tamén te poden gustar

    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025
    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web