O Concello da Guarda informa das xestións para a axuda humanitaria ao pobo ucraíno
Indicacións para a xestión da axuda humanitaria ao pobo ucraíno
En base as indicacións recibidas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en coordinación coa FEGAMP, seguindo as pautas recibidas da Comunidade Autónoma e o Goberno Central establécense as seguintes pautas:
Prioridade máxima: coñecer os recursos habitacionais para acollida de persoas refuxiadas en cada concello.
Os datos recollidos serán facilitados a FEGAMP, que a súa vez porallos a disposición do Goberno Central que será quen coordine a acción humanitaria no marco da acción global de Europa.
Se algún particular quere ofrecer un recurso habitacional pode facelo a través do formulario no enlace que aparece a continuación ou dirixirse aos Servizos Sociais Municipais.
https://baixomino.com/formulario-de-acollida-de-persoas-refuxiadas-de-ucraina/
En relación a recollida de material humanitario.
Prégase que non se faga acopio de alimentos e material humanitario debido a imposibilidade de asegurar a distribución do material recollido nas entidades locais. Aconséllase reservar todo este material para cubrir as primeiras necesidades da poboación refuxiada que se acolla na nosa comunidade.
Axuda económica
O máis eficiente é realizar achegas económicas ás ONGs que están dando apoio sobre o terreo á poboación ucraína afectada para que merquen o que realmente precisen.
A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de achegas económicas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:
• Coordinadora Española de ONGD: https://coordinadoraongd.org/2022/03/como-apoyar-a-las-ongd-espanolas-en-ucrania/
• Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania
• Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína: https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf
• ACNUR (Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble